Saturday 04 de May de 2024

A Unión Europea selecciona Riveira entre os 510 municipios españois que terán wifi gratis de alta velocidade en espazos públicos


O municipio de Riveira acaba de ser seleccionado pola Unión Europea como un dos 510 municipios españois (e un dos 3.400 do continente( que disporán de Wifi gratuíta de alta valocidade en espazos públicos.

Así o o dou a coñecer onte a Comisión Europea nun anuncio no que se enumerou as localidades escollidas, cada unha das cales recibirá unha axuda de 15.000 euros para financiar as instalacións das conexións.

30 megas
Esta iniciativa enmárcase no programa Wifi4EU, cuxo orzamento co obxecto de apoiar as conexións de alta velovidade (como mínimo de 30 megas) ascende a 120 millóns de euros.

O Concello de Riveira foi un dos 10.000 concellos que presentaron uha solicitude na convocatoria aberta ao respecto o pasado abril.

Agora, hai un prazo máximo de 18 meses para definir o proxecto de instalación e seleccionar en que concretos espazos municipais (como prazas, parques, centros culturais, etc…) se vai instalar este servizo.